Casa Desexo

(2016) Obra Nova - En Proxecto

Casa Desexo ten o programa de necesidades que o noso cliente pediunos e que tanta xente desexa, de aí o seu nome. Desenvolvidos nunha soa planta baixa dispón de tres habitacións, dous baños, salón, cociña, comedor, lavadoiro, rocho , adega con aseo e cuarto de apeiros, ceador, aparcadoiro para dous coches, piscina e suficiente soportal para utilizar o sol cando interese e resgardarse da choiva se é necesario. Todo iso en 274 metros cadrados construídos o que non está nada mal. É obvio que esta non é unha casa de baixo orzamento debido á superficie en planta. Así e todo o sistema construtivo e a elección de materiais fan desta vivenda un bo exemplo de como aforrarche diñeiro á hora de construír. Prescindiuse de moitos revestimentos tanto de parede como de teito e chans pero non por iso deixa de ser unha vivenda máis que digna. Os chans de cemento puído son máis económicos, modernos e elegantes. Os cerramentos de termoarcilla vistos son cálidos e seguimos aforrando. Non se necesita máis. Casa Desexo propón rebaixar o orzamento por metro cadrado da vivenda racionalizando espazos e aceptando uns acabados con carácter. Sen chegar a ser unha low cost estamos seguros de que Casa Desexo ofréceche por moito menos prezo as mesmas prestacións que vivendas polas que terás que pagar unha boa cantidade de cartos.

pregúntanos