Casa Surya Namaskar

(2020) Obra Nova – En Construción

Casa Surya Namaskar escríbese con maiúsculas en termos de aforro enerxético. É unha vivenda proxectada para ser certificada como vivenda PASSIVE HOUSE PLUS. Que significa isto?. Casa Surya Namaskar practicamente non consome enerxía. Os seus cerramentos de alta inercia térmica e illamento garanten un consumo mínimo tanto para quentar no inverno como arrefriar no verán a casa. Iso significa o certificado Passive House. Se lle engadimos o PLUS significa que ademais que a pouca enerxía que necesita vai xerar a propia vivenda con paneis fotovoltaicos. Casa Surya Namaskar está pensada como unha vivenda enerxéticamente autónoma ou consumo nulo. Poderíase pensar que isto significa un aumento enorme no orzamento da vivenda pero non é así. É unha porcentaxe en realidade só un pouco maior que se amortiza rapidamente nuns poucos anos. Se ademais de todo isto sumámoslle que o seu propietario ten as cousas claras e que non necesita para vivir unha chea de metros cadrados resulta que nos atopamos cunha vivenda de moi altas prestacións a un prezo máis que razoable. Cremos que tal e como está pensada podería mesmo considerarse que casa Surya Namaskar e unha vivenda de baixo custo ou de baixo orzamento. En Mun estamos convencidos que se realmente existe un futuro, o futuro das vivendas non pode ser outro moi diferente deste. Confort e aforro enerxético. Se estás interesado en saber máis sobre o que significan os certificados PASSIVE HOUSE deixámosche esta LIGAZÓN . Xa sabes que podes preguntarnos gratis todas as túas dúbidas a través do noso CONTACTO.

pregúntanos