Praza de Abastos Salceda

(2014) Reforma integral - Rehabilitación

Por encargo do Concello de Salceda de Caselas realizamos este proxecto de reforma e rehabilitación da actual praza de abastos. Fué petición dos praceiros unha contorna de traballo máis confortable dado que as dimensións do edificio actual e a súa escasa cualificación técnica significaban unhas condicións desagradables especialmente desde o punto de vista térmico en particular para os seus traballadores e en xeral para todos os seus usuarios. Fué necesario modernizar o edificio un tanto antigo incidindo na reforma dos seus revestimentos e condicións de uso.

pregúntanos