A normativa que regula calquera intervención no termo municipal do Concello da Cañiza é o Plan Xeral de
Ordenación Municipal á cal podes acceder nesta ligazón de -
PLANEAMENTO URBANÍSTICO - seleccionando o pobo de Cañiza, A.
Neste documento terás as respostas ás túas preguntas: Podes construír na túa parcela?, É a miña finca
edificable?, Cantos son os metros cadrados mínimos de parcela que necesito para construír a miña vivenda ou
edificio?, Cantas alturas podo construír ou edificar?, Cantos son os metros cadrados máximos que podo
construír?, Como facer para obter licenza de obras para a miña casa?, Como obter e a licenza de actividade
para o meu negocio?, Como se fai un proxecto de legalización?...etc, etc. En definitiva, toda a normativa e
os requisitos necesarios para poder construír en calquera parroquia, sexa Achas, O Couto, A Franqueira,
A Cañiza, Luneda, Oroso, Petán ou Valeixe.
Poida que non che resulte fácil atopar a documentación que especificamente che interesa e que afecta á
túa parcela, vivenda ou edificio pois o documento, as veces, o documento é realmente extenso e require certa
experiencia. Se necesitas axuda, consúltanos gratis e sen compromiso a través do noso -
CONTACTO -