Casa Amichi

(2017) En Proxecto

Casa Amichi non é nin unha casa barata nin unha vivenda prefabricada pero ten todo aquilo que estás a buscar. Ten unha superficie construída suficientemente grande como para que non che falte de nada e á vez o suficientemente pequena para que a repercusión económica de cada metro cadrado construído non afunda o teu peto. Os materiais escollidos e sistema construtivo achegan todo o necesario á vivenda e axudan reducindo custos. Esta casa asume algúns acabados, que a verdade, chegan a ser máis cálidos, confortables e expresivos que outros que estamos afeitos utilizar e supoñen un incremento do orzamento. A primeira vista podería parecer unha casa sinxela pero é de feito un proxecto moi ambicioso. Non só é que non renuncie ao que poida achegar unha vivenda de alto orzamento se non que tenta resolver aspectos que a maioría das vivendas non abordan. Casa Amichi, con valentía, duplica a súa estrutura para conseguir a ausencia total de pontes térmicas. Toda unha declaración de intencións para a eficiencia enerxética. Pode ser que Casa Amichi sexa máis barata que moitas outras pero isto non significa que sexa de menor calidade. Vivenda baixo custo ou baixo orzamento sen prexuízos e sen renunciar a nada.

pregúntanos