Casa da Cultura de Salceda

(2010) Reforma

O encargo foi transformar o Concello Vello de Salceda de Caselas en Nova Casa da Cultura. O Concello Vello está formado pola unión de dous edificios adosados de diferentes épocas. O primeiro e principal, construido no 1917 con posterior engadido nos anos 80. O noso propósito foi coser os dous edificios existentes e adaptalos ó novo programa. No exterior a intención e recuperar a imaxe do edificio principal. A proposta tamén pretende anular a fachada do engadido pra darlle un maior protagonismo a fachada principal. A nova intervencion en granito, atractiva recreación de tres épocas, tres formas de colocar a mesma pedra. Propoñendo novos usos dun material. No interior o edificio está excesivamente compartimentado polo que tírase gran parte do forxado e transfórmase nunha importante escaleira que dota a todo o proxecto de claridade programática, á vez que axuda a unir a peza principal co edificio engadido. Este edificio foi premiado co premio GDA2010.

pregúntanos