Casa Do

(2016) Reforma - en Proxecto

Casa Do atópase nunha zona de afección polo Castelo de Vilasobroso. É por iso que a aprobación do proxecto de reforma houbo de ser aprobado por Patrimonio. Para esta vivenda consérvase integramente o volume e adecúanse os espazos actuais para un novo programa de necesidades composto de salón e cociña nun espazo único para aproveitar os metros cadrados de vivenda e dúas habitacións cun baño compartido. Novamente, como en calquera reforma, o mero feito de conservar parte da edificación orixinal fai que o proxecto resultante mostre unha maior personalidade. Neste caso foi necesario abrir algúns ocos máis na fachada para dotar á vivenda do necesario sol. Con esta reforma preténdese converter unha antiga construción pechada auxiliar nunha digna vivenda aberta ao goce da parcela.

pregúntanos