Casa Formiga é unha vivenda de rehabilitación e ampliación no concello de Salceda de Caselas. A súa propietaria ten moi claro que os preciosos muros de pedra existentes quere telos dentro da casa. Esas pedras están cargadas de historia e recordos familiares. Para un perfecto funcionamento enerxético do cerramento exterior vémonos obrigados a illar térmicamente polo exterior. O proxecto de ampliación propón un novo volume que dialogue co volume existente. Contamos os días para comezar a obra.