Casa Goal

(2022) Obra Nova - En Construción

Casa Goal é unha vivenda de planta baixa en Tameiga, Mos. O seu principal obxectivo é captar a maior cantidade de raios solares no inverno. O bloque de termoarcilla interior garante unha inercia térmica suficiente para manter quente a casa co menor esforzo posible nos días máis fríos do ano. O seu programa de necesidades é de 3 Habitacións, Salón – Cociña - Comedor, dous Baños, Vestidor, Lavadoiro – Tendal, Garaxe para dous coches e Soportal, todo iso desenvolvido en 211 m2 construídos.

pregúntanos