Casa Maja

(2020) Obra Nova – En Construción

Casa Maja é unha vivenda en Salceda de Caselas que crece moi condicionada pola orientación da súa parcela e forma. Téntase que a maior parte da vivenda estea orientada a Sur aínda que debidamente protexida polos raios solares nos meses máis cálidos. Os soportais resolven o conflito. Proxéctase unha fachada de boas prestacións térmicas para aproveitar o esforzo desa desexada orientación da vivenda e conseguir unha certificación enerxética alta. A mesma topografía da parcela suxire e case obriga á división en dúas plantas da casa a pesar de non ser un requisito inicial dos propietarios. Os acabados en panel composite reforzan a idea dunha casa de liñas duras. Vivenda moderna e ortogónal, que esta vez si é proposta inicial dos promotores.

pregúntanos