Casa Malladoura

(2009) Obra Nova - En Proxecto

Casa Malladoura está no Porriño. Os seus clientes solicitaron unha vivenda moderna en pedra. Para este proxecto foi imprescindible conxugar a privacidade coa orientación xa que a fachada sur coincide co camiño público. Utilízase a pedra en fachada trasventilada o que confire ao cerramento unhas inmellorables condicións técnicas de estanqueidad e aforro enerxético. A dobre altura interior permite iluminar e quentar toda a casa tentando conseguir a maior eficiencia enerxética posible. As chapas perforadas e tramex utilizados como revestimento procuran favorecer unha maior privacidade aos seus habitantes sen renunciar á luz e a mellor orientación posible.

pregúntanos