Casa Sete

(2021) Obra Nova - En Proxecto

Casa 7 está pensada como a vivenda optimizada para unha parella. Prescíndese do accesorio e enfócase no estritamente necesario para vivir con comodidade. A idea é reducir os metros cadrados co fin de conseguir a vivenda máis económica posible sen renunciar a unhas altas prestacións. Casa 7 ocupa 95 m2 construídos cun programa de Dormitorio, Baño, Salón, Cociña, Comedor, Estudio, Soportal e Cuarto de usos múltiples. Casa 7 está deseñada como unha vivenda pasiva. Que significa isto?, significa que se constrúe para un consumo enerxético mínimo. Basta dicir que o toalleiro do baño é suficiente para calefactar toda a vivenda nos meses máis fríos. Incrible, verdade?. A elección de materiais e sistema construtivo deséñase para poder aforrar uns poucos euros máis ainda, ata poder chegar a considerar a vivenda como unha vivenda de baixo orzamento ou low- cost a pesar do moito que ofrece.

pregúntanos