Casa Villegas

(2012) Reforma - En construción

En Moaña atopámonos con Casa Villegas. Esta é unha reforma integral de vivenda e rehabilitación. Os muros de pedra en moi bo estado merecen moito a pena e consérvanse integramente. O deseño interior da vivenda é un proxecto humilde e con encanto. Ao ser unha casa de pedra no exterior non temos máis remedio que deseñar polo interior un trasdosado de illante térmico que nos permita facer da vivenda unha obra con maior eficiencia enerxética.

pregúntanos