O Concello de Salvaterra do Miño pídenos remodelar e modernizar a antiga praza de abastos. En diferentes fases de proxecto procédese a cambiar e reformar tanto os postos de venda como a cuberta orixinal. Realízase un proxecto de interiorismo con novos revestimentos que pretenden cambiar a imaxe do mercado.