Praza do Campo da Feira

(2018) Obra Nova - En Proxecto

Eliminamos a N-550 e reformase o actual Parque Infantil. Na proposta tivéronse en conta as diferentes idades dos usuarios, gustos e as relacións entre os mesmos. Parece oportuno vincular, pola súa relación de dependencia, a zona de xogos para os máis pequenos a aquelas zonas onde, con seguridade, máis gozarán os maiores. O skate- park proposto mantén certa independencia do resto do parque pero sen discriminar por idades e sendo sempre 100% accesible a calquera usuario. Unha gran pérgola metálica atravesa o espazo público albergando nun dos seus extremos un escenario que poderá facer de espazo de reunión cando chova. Esta pérgola exponse coa idea de ofertar un espazo flexible de utilización e que grazas á súa temporal cubrición (dependendo do tempo) poida servir para eventos de distinto tipo, xa sexan feiras, reunións, concertos, etc. Sen dúbida aparecerán novas oportunidades para a hostalería e comercio nun espazo moito máis agradable agora para as persoas. Ao noso entender será imperativo que o mantemento do parque lógrese coa auto-xestión de recursos e enerxía. A xestión da auga e a electricidade necesaria, como mínimo, para calquera das actividades diarias ou temporais do parque, deberán ser producidas mediante enerxías limpas que o mesmo parque xere. Sendo oportuno mesmo considerar o novo parque como un xerador de enerxía para o uso por parte do pobo dos seus excedentes.

pregúntanos